Sementeira (Fuxan Os Ventos)Retrouso (Bis)Sementar, sementarei,loguiño de clarear,en tanto no pobo medreun meniño, un vello e un cantar.Un meniño rebuldeiroque fala na lingua nai,que suba os pexegueirosa froita verde a roubar.Retrouso (Bis)Sementar, sementarei....Un vello que de consellos,un rostro de fume e pan,que conte contos os nenosdo cuco e do paspallás.Retrouso (Bis)Sementar, sementarei....Un cantar de redención,un vello e novo cantar,que troque a desolaciónnun limpo e claro alborexar.Retrouso (Bis)Sementar, sementarei....Logo déixame morrerentre dous regos, queimado,cando veñan os solporesdos homes esfameados.Retrouso (Bis)Sementar, sementarei....
Publicar un comentario
1 comentario:
Sementeira (Fuxan Os Ventos)
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.
Un meniño rebuldeiro
que fala na lingua nai,
que suba os pexegueiros
a froita verde a roubar.
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei....
Un vello que de consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos os nenos
do cuco e do paspallás.
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei....
Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborexar.
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei....
Logo déixame morrer
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfameados.
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei....
Publicar un comentario