Saudos


Este blogue creeino para recompilar a música Galega a cal me gusta moito cantala e escoitala. Para empezar non teño moita idea da creación deste blogue, pero espero que aos poucos me vaia facendo co manexo do mesmo e vos vaia gustando o seu contido (o importante del será a música Galega, (está claro, a que nel poña). Gustaríame que polo menos cando entredes deixedes algún comentario ou algunha suxerencia sobre o mesmo ou a música. Agora entendo a aquelas persoas que sempre cando entraban nolos seus blocs sempre dicían: que é de amables saudar. Xa non digo que me sigades, porque andando oculto en liña poucas visitas terei. Isto fíxeno coa intención de difundir a música da nosa terra Galicia entre os amigos para podela compartir. Como veredes tamén tedes un cancioneiro das cancións que eu teño e o mesmo está feito polo meu despois de escoitar as mesmas cancións. Bo xa está ben de tanto aparato esperando que vos guste. Un saúdo e felices festas a todos os visitantes, deixen ou non o seu comentario.