viernes, 4 de septiembre de 2020

Teu Nome Por Mar e Terra - Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero

1 comentario:

Toni Lopez dijo...

Teu Nome Por Mar e Terra -
Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.

Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curaçao.